O profesor José Luis Mascareñas recibiu este xoves a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago. Esta distinción recoñece os excepcionais servizos prestados á institución e, en particular, a súa destacada traxectoria investigadora, que acaba de ser recoñecida polo European Research Council coa selección do Prof. Mascareñas para recibir unha das prestixiosas Advanced Grants, a primeira recibida por un investigador da USC.
Durante o seu discurso, o profesor Mascareñas explicou a súa visión das Universidades como institucións coa obriga de liderar o progreso do país e o labor fundamental non só de xerar coñecemento se non tamén de formar persoas capaces de liderar e innovar.
Ver en prensa:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2013_10/noticia_0166.html