Javier Montenegro, representante español en 'EuCheMS Young Investigator’s Workshop 2016'

15/09/2016

O simposio, que se desenvolve en Huelva este fin de semana, ten como obxectivo promocionar a excelencia académica no ámbito da química orgánica dentro e fora de Europa.


Javier Montenegro, investigador Ramón y Cajal do CiQUS recoñecido cunha axuda ERC Starting Grant, será o representante español no evento EuCheMS Organic Division 8th Young Investigator’s Workshop (EuChems YIW '16), que reúne cada ano aos mellores investigadores novos no campo da química orgánica co obxectivo de promocionar a súa excelencia académica a nivel europeo e internacional.

Durante o evento, Montenegro presentará o relatorio titulado Conceptually new peptide and polymer vectors for modulated delivery, no que exporá as cuestións clave da súa principal liña de investigación, situada na interfase entre a química orgánica sintética e supramolecular e aplicada aos sistemas biolóxicos e ao descubrimento de novos materiais.

EuCHems Young Investigators

Organizado polo Laboratorio de Catálise Homoxénea do Centro de Investigación en Química Sostible da Universidade de Huelva, preséntase como unha prolongación do VI Congreso Internacional EuCheMS, celebrado en Sevilla esta mesma semana cunha notable representación do CiQUS. Á publicación do número especial da revista Angewandte adicado a este congreso -que destaca na súa portada un traballo de Xosé Luis Mascareñas e Moisés Gulías- súmanse as presentacións orais Topologically controlled peptides for lectin internalization, ofrecida pola investigadora predoutoral Marisa Juanes e Amphiphilic Polyhydrazones for in situ siRNA Delivery realizada polo propio Javier Montenegro.