09/12/2013
¿Qué son a química computacional e as simulacións?. ¿Por qué un químico utiliza estas ferramentas e qué son capaces de predicir?.
Esta semana, a Canle CIQUS en YouTube, incorpora un novo vídeo con Emilio Martínez, que nos achega á "Simulación de reaccións químicas mediante química computacional".
Nel dános algunhas respostas e explica como poden estudar non só os mesmos procesos que se desenvolven nun laboratorio de química senón tamén outros en condicións moi extremas, onde só un ordenador pode axudar a investigar os devanditos procesos.
Emilio Martínez e Saulo Vázquez lideran o grupo do CIQUS "Simulacións de dinámica química en fases gasosa e condensada".
Esta serie de vídeos divulgativos achegaranos cada semana a unha nova liña de investigación desenvolvida polos investigadores do CIQUS. Tamén podedes seguirnos no novo perfil LinkedIn do CIQUS.

Soft landing simulation