O CIQUS acolle o IV Encontro sobre Dendrímeros (EDEN 4)

23/01/2014

O CIQUS acolle o Cuarto Encontro sobre Dendrímeros (EDEN 4), que se celebra en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de xaneiro do 2014. Este evento contará coa participación de máis de corenta investigadores.

O comité organizador está presidido polo investigador do CIQUS Eduardo Fernández Megía. Os Profesores Rainer Haag (Freie Universität Berlin, Alemania) e David K. Smith (Universidad de York, Reino Unido) serán os conferenciantes plenarios.

O obxectivo de EDEN 4 é reunir aos grupos de investigación que traballan neste eido a nivel nacional y a outros extranxeiros, coa intención de compartir avances científicos, promover a colaboración e participación de investigadores novos.

Os dendrímeros son macromoléculas sintéticas en forma de árbol compostas de capas repetitivas de unidades que se preparan nunha maneira iterativa controlada a través de xeracións con peso molecular preciso e propiedades discretas de ramificación.

A súa arquitectura globular e tamaño na escala do nanómetro fan dos dendrímeros moléculas atractivas para moitas aplicacións nos eidos la catálise, os materiais e a nanomedicina.