Por cuarto ano consecutivo, o CiQUS mantén a súa aposta pola incorporación de novos estudantes de máster ás actividades científicas do centro, facilitando así a súa aproximación cara a carreira investigadora.
A cuarta edición do programa de captación de talento financiado polo CiQUS consolida a aposta do centro polo talento máis novo, concedendo cinco contratos a tempo parcial a sendos alumnos de máster, actividade que durante un período máximo de nove meses poderán compatibilizar co desenvolvemento da súa actividade académica.
Durante a súa estancia no centro, os alumnos recibirán asesoramento científico ao comezo das súas respectivas carreiras investigadoras nas distintas liñas de investigación desarrolladas polos grupos do CiQUS, as cales poderán incluir aspectos relativos a síntese, aillamento, caracterización ou estudo (experimental e teórico) de compostos químicos, biomoléculas ou materiais.
Este programa formativo ten o fin de incentiva-lo desenvolvemento de liñas de traballo cooperativas e/ou de interese estratéxico para o centro, así como ofrecer apoio aos alumnos durante a etapa formativa previa á realización da tese doutoral, unha lagoa académica que na actualidade non se atopa cuberta por convocatorias competitivas de axudas predoutorais.
*Os alumnos de máster que obtiveron a bolsa no curso académico 2015-2016 son, de esquerda a dereita: Marta Pazo Pascual, Álvaro Velasco Rubio, Eva Rivera Chao, Joan Miguel Ávila e Martín Calvelo Souto.
Ver a III Edición Contratos de Investigación - Máster 2015