O CIQUS, en portada

03/11/2011

Traballos recentes de grupos de investigación do CIQUS foron seleccionados para ocupar as portadas de relevantes xornais científicos. Trátase do artigo “3D water channel embedded in a α,γ-Cyclic Octapeptide made Organic Porous Material” publicado por Juan R. Granja, Manuel Amorín, Antonio Llamas-Saiz e Luis Castedo no número de agosto da revista Crystal Growth and Design (http://pubs.acs.org/toc/cgdefu/11/8) e o artigo “Rational design of a cyclin A fluorescent peptide sensor, cuxos autores son Elena Pazos, Miguel Pérez, Hugo Gutiérrez-de-Terán, Mar Orzáez, Tatiana Guevara, José L. Mascareñas y M. Eugenio Vázquez, e que será portada en Organic and Biomolecular Chemistry (http://tinyurl.com/6bg5sxt).