O CiQUS renova a súa acreditación como Centro de Investigación do Sistema Universitario Gallego

04/12/2020
  • - O orzamento total da convocatoria á que accederon os oito centros acreditados é de 18 millóns de euros, o que asegura o seu financiamento ata 2022.

 

Esta mañá tivo lugar o acto de entrega das acreditacións aos centros de investigación do sistema universitario galego. Dita acreditación aspira a consolidar un sistema científico máis competitivo, co obxectivo de atraer e manter talento investigador.

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares ( CiQUS) conseguiu este financiamento xunto a outros sete centros de investigación. Ademais do presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, ao acto asistiron os reitores das tres universidades galegas e os responsables dos distintos centros.

 

 

 
Foto: Xunta de Galicia