El número especial de Angewandte para el 'VI EUCheMS' destaca al CiQUS en portada

12/09/2016

Un review dos investigadores Xosé Luis Mascareñas e Moisés Gulías foi seleccionado como portada do número especial de Angewandte que se presenta esta semana no VI Congreso Internacional de Química EuCheMS.


A revista Angewandte Chemie destaca un traballo do CiQUS na portada dun número especial publicado con motivo de la celebración del VI Congreso Internacional de Química EUCheMS, que terá lugar en Sevilla entre os días 11 e 15 de setembro.

Desenvolvido integramente no centro polos investigadores Moisés Gulías e Xosé Luis Mascareñas, o traballo aborda un obxectivo central da química sintética moderna, como é o desenvolvemento de métodos que permitan transformar precursores sinxelos nos produtos desexados dunha maneira rápida, sinxela, económica e compatible co medio ambiente. Neste contexto, a posibilidade de construir moléculas activas que presentan sistemas cíclicos complexos na súa estrutura, xa que hai moitos fármacos e materiais moleculares importantes que presentan estes tipos de estruturas.

Unha das mellores maneiras de construir compostos cícliclos é a través de procesos de cicloadición, é dicir, transformacións químicas que convirten compostos acíclicos simples en produtos ciclados. Mentres que a maioría das cicloadicións clásicas están baseadas en métodos térmicos ou fotoquímicos, a utilización de estratexias baseadas no uso de catalizadores metálicos experimentou un grande desenvolvemento recente. Entre estos, particularmente importantes son aqueles métodos que promoven a activación e ruptura dos enlaces C-H, que tradicionalmente foran considerados inertes.

Ao longo deste review os autores ademais de describir os avances nestes tipos de cicloadición, propoñen un novidoso modo de organización destas transformaciones. Esta nova clasificación pode ter un importante impacto neste campo e fomentar novos avances metodolóxicos, que poderían facilitar a construción de fármacos relevantes que conteñan estruturas cíclicas.

Euchems: abordando a química a nivel internacional

Os Congresos Europeos sobre Química (EUCHEMS) son os eventos de maior relevancia para a comunidade química a escala europea, reunindo en cada edición a diferentes químicos de prestixio internacional para debatir sobre as principais contribucións na vangarda da química, actuando como un foro de intercambio e colaboración transnacional e prestando especial atención a todas as actividades que axudan a promover a carreira dos novos científicos.