Investigadores do CiQUS publicaron un artigo na revista SMALL no que describen nanoesferas quirais a nivel macroscópico e nanotubos compostos de copolímeros helicoidais. Este traballo, destacado pola revista no seu Frontispicio, foi dirixido polos investigadores do grupo Nanobiomol Félix Freire e Ricardo Riguera, coa colaboración de Sandra Arias, Julián Bergueiro e Emilio Quiñoá.
Na publicación, revélase que a presenza dun co-disolvente de carácter dador pode tanto activar como desactivar interaccións supramoleculares de tipo cation-π nos monómeros quirais que forman o copolímero. Esos cambios estructurais transfírense ao resto da cadea polimérica inducindo un sentido helicoidal selectivo, a esquerdas ou dereitas, mediante o fenómeno de amplificación de quiralidade coñecido como efecto "Sarxentos e Soldados".
O grupo Nanobiomol é pionero na síntese de novas nanoestruturas quirais seguindo novidosos plantexamentos a través de métodos químicos en disolución (Ver vídeo)
Previamente, Nanobiomol publicou outros resultados sobre este campo de investigación en revistas científicas de prestixio como The Journal of the American Chemical Society, Angewandte e Chemical Science (Royal Chemical Society) e que foron destacados nas súas portadas.
1. Macroescopía amosando imaxes SEM, AFM e Confocais de nanotubos e nanoesferas