Las Tesis del CiQUS: Luis Simón Carballido

15/05/2017

O traballo, desenvolvido no centro baixo a dirección do profesor Antonio Fernández Ramos, aborda o estudio teórico de sistemas moleculares que contan con dúas rotacións internas.


O investigador do CiQUS Luis Simón Carballido defendeu o pasado venres 12 de maio a súa tese de tese de doutoramento titulada Beyond the harmonic approximation in the theoretical study of flexible molecules. Application to chemical reactions and tunneling splittings, un traballo desenvolvido no centro baixo a dirección do profesor Antonio Fernández Ramos.

Esta tese aborda o estudio teórico de sistemas moleculares que posúen dúas rotacións internas. Para iso, desenvolveuse un método teórico denominado Two-dimensional non separable (2D-NS) que permite un tratamento anarmónico riguroso de ditas torsións a partir da resolución da correspondente ecuación de Schrödinger bidimensional.

Este método aplicouse ao cálculo de funcións de partición torsionais e de desdobramentos do nivel fundamental de vibración. A incorporación das funcións de partición de torsión nas funcións de partición rotovibracionais realizouse utilizando un método desenvolvido no grupo de investigación e que permite o cálculo riguroso de funcións termodinámicas. Dito método, coñecido como Extended hindered rotor 2D-NS, foi aplicado a 20 sistemas químicos que presentan dúas torsións.

Finalmente, desenvolviuse un método baseado na teoría variacional do estado de transición que permite o estudio do efecto cinético isotópico en reaccións que presentan moita flexibilidade conformacional. O tratamento realizado para a reacción de substracción de hidróxeno do etanol mediante hidróxeno atómico permitiu avaliar a contribución de cada estado de transición ao efecto isotópico global.