Desenvolvido na súa meirande parte no centro, o traballo describe a formación e caracterización de sistemas coloidais baseados en líquidos iónicos.
A doutoranda do CiQUS María Figueira González defendeu o pasado venres na Facultade de Química a súa tese doutoral Formación de micelas, microemulsións e vesículas por autoagregación de líquidos iónicos, desenvolvida na súa meirande parte no CiQUS baixo a dirección dos profesores do Departamento de Química Física Luís García Río e Pedro Rodríguez Dafonte. O traballo describe a formación e caracterización de sistemas coloidais baseados en líquidos iónicos e está fundamentado, principalmente, na caracterización dos tres agregados por autoasociación máis importantes: micelas, microemulsións e vesículas.
Nos últimos anos, o estudo dos líquidos iónicos medrou de forma exponencial co argumento inicial de que a súa cor verde débese á súa baixa volatilidade, e coa premisa de que substituirían aos disolventes orgánicos tradicionais como medio de reacción. Non obstante, non todos eles son verdes; iso non lle resta interese no seu estudo, posto que as diversas combinacións posibles de catións e anións que dan lugar aos líquidos iónicos abren un grande abano de propiedades diferentes, que os converten en certo xeito en disolventes de deseño.
Ademais, algunha das propiedades comúns dos ILs -como o amplo rango de temperaturas que soportan- ofrecen a vantaxe, por exemplo, de traballar a baixas temperaturas. Asemade, estes líquidos tamén poden posuír propiedades anfifílicas, ben eles mesmos ou modificando o comportamento de surfactantes convencionais, tanto en volume como na súa interfase.
Parte dos resultados deste traballo de investigación foran publicados previamente no libro Ionic Liquid-Based Surfactant Science: Formulation, Characterization, and Applications (Wiley Series on Surface and Interfacial Chemistry) así como en distintas revistas cientificas: Nucleic Acids Research 2015, 43(22), 10907-10924 y J. Phys. Chem. B 2013, 117(10), 2926-2937.