As teses do CiQUS: Seila Leiras Fernández

03/12/2015

A estudante de doutorado do CiQUS Seila Leiras Fernández defendeu hoxe a súa tese doutoral con Mención Internacional, titulada “Control da helicidade e a agregación en poli(fenilacetileno)s”, na Aula Magna da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.

O Catedrático Emilio Quiñoá e o Dr. Félix Freire Iribarne, investigadores do Grupo NanoBioMol no CiQUS, foron os supervisores deste traballo, o cal se enmarca na súa liña de investigación centrada no estudo de novos sensores baseados en polímeros intelixentes que responden a estímulos externos.

O deseño, a síntese e aplicación dos polímeros helicoidais con sentido de hélice controlado convertéronse nun campo de grande interese nos últimos anos. Os poli(fenilacetileno)s (PPA) posúen unha estrutura dinámica helicoidal que pode ser definida por dúas propiedades: o sentido helicoidal de xiro (horario e antihorario) e o alongamento da súa “columna vertebral” de polieno (estirada ou comprimida)

Logo de sintetizar os PPA, ámbolos dous parámetros estruturais poden ser manipulados de forma sinxela empregando estímulos externos. Grazas a esta característica, os poli(fenilacetileno)s son unhas macromoléculas interesantes para o seu potencial uso como sensores, entre outras aplicacións

Na súa disertación, Seila Leiras presentou o deseño, síntese e determinación estrutural dunha serie de PPA. Por outra parte, esta tese tamén inclúe o estudo das propiedades de agregación e a detección dos PPA que foron preparados

 

                                      

Figure: Structure of the stereocomplex. (a) Side view of the stereocomplex dimer model (3.5 nm width) and the corresponding AFM image showing fibers (≈3.7 nm width). (b) Side view of the stereocomplex trimer model (4.9 nm width) and the corresponding AFM image showing fibers (≈4.8 nm width). (c) Side view of the stereocomplex pentamer model (5.0 nm diameter) and the corresponding AFM image showing fibers (≈5.0 nm diameter). (d) Conceptual representation of the stereocomplex fiber formation between complementary helices and the AFM image showing stereocomplex fiber aggregates. (e) Images showing the soft gel structure at microscopic (SEM image) and macroscopic levels (stereocomplex solution in THF, concentration = 25 mg mL−1).