La USC organiza actividades de divulgación con motivo de la Clausura del Año Internacional de la Luz

28/01/2016

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), a Facultade de Química, e o Grupo de Investigación en Química Biofísica, Fotofísica e Espectroscopia organizan actividades divulgativas en relación á clausura do Ano Internacional da Luz 2015, nas que están previstas dúas conferencias do Prof. Santi Nonell, (Universidade Ramon Llull de Barcelona), e que terán lugar o vindeiro día 4 de febreiro.

Ás 13:00 h. o Prof. Nonell pronunciará na Facultade de Química unha conferencia aberta a todos os públicos, co título "Luz, Química e Vida".

Xa pola tarde, ás 17:00 h. presentará os resultados das súas últimas investigacións no CiQUS, na conferencia “Fotosensibilización por osíxeno singlete na era nanobiotecnolóxica”.

O Ano Internacional da Luz 2015 é unha iniciativa global das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o coñecemento dos cidadáns sobre a luz e as tecnoloxías ópticas que fomentan o desenvolvemento sostible e proporcionan solucións aos retos mundiais en enerxía, educación, agricultura, comunicacións e saúde. A cerimonia internacional de clausura oficial celebrarase en Mérida (México) do 4 ao 6 de febreiro de 2016.