O investigador do CIQUS Francisco Rivadulla investiga en novos materiais termoeléctricos e está financiado pola UE cunha ERC-Starting Grant de 1,5 millóns de euros.
Neste vídeo explícanos que son os materiais termoeléctricos, os retos actuais neste ámbito e a aproximación que está a seguir no seu laboratorio, baseada en nanoestruturas bidimensionais de óxidos correlacionados.
Buscando a escalabilidade dos seus deseños, no seu grupo desenvolveron ademais un método químico, sinxelo e barato, para depositar capas moi delgadas, duns poucos nanómetros, cunha calidade comparable á obtida mediante técnicas baseadas en láser.
O profesor Rivadulla colabora habitualmente con grupos de investigación nos Estados Unidos (MIT, Los Alamos), Francia (CNRS) e España.
Vídeo: Termoeléctricos baseados en nanoestruturas bidimensionais
Grupo de investigación: Francisco Rivadulla