Mesa redonda: Como afrontar nas granxas de leite a alza dos prezos dos insumos? Consecuencias da guerra en Ucraína

A guerra na Ucraína provocou unha importante suba de prezos nos insumos das explotacións gandeiras, nomeadamente naquelas con sistemas produtivos máis intensivos.

Para abordar esta problemática, o venres 25 de marzo terá lugar a mesa redonda ‘Como afrontar nas granxas de leite a alza dos prezos dos insumos? Consecuencias da guerra en Ucraína’. Na mesma participarán Gonzalo Flores, xefe do departamento de pastos e cultivos do CIAM; Rubén García, responsábel de xestión técnico-económica de Os Irmandiños SCG; Iann Pouliquen, xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza SL; e a equipa técnica da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

Poderase asistir ao evento por streaming na canle de youtube do Campus Terra.

Lugar: Salón de Actos da EPS de Enxeñaría, Lugo.

Data e hora: 25 de marzo, ás 16h.

Organizan: Grupo de innovación docente Ruralia, Campus Terra da USC.