[Workshop] O papel da extensión rural na aplicación dos instrumentos da arquitectura verde da PAC: a condicionalidade reforzada e Eco-esquemas

Edelmiro López (USC) e Jorge Piñeiro (FOGGA) participan neste workshop o 22 de xuño en Lugo no marco do Congreso Internacional da Extensión Rural Europea

A nova PAC, a través da chamada “arquitectura verde”, incorpora unha serie de enfoques e orientacións novidosas no tratamento da relación entre agricultura e medio ambiente, e na loita contra a mudanza climática. Estes instrumentos inclúen unha condicionalidade reforzada para a recepción de axudas, a posibilidades de adhesión a eco-esquemas e a posta en marcha de medidas agroambientais.

Esta temática será abordada no workshop “O papel da extensión rural na aplicación dos instrumentos da arquitectura verde da PAC: a condicionalidade reforzada e Eco-esquemas. Menos burocracia para os agricultores e os axentes de extensión?”, no marco do Congreso Internacional da Extensión Rural Europea, organizado polas redes europeas de asesores rurais IALB, EUFRAS y SEASN e a Universidade de Santiago de Compostela.

Os ponentes son Edelmiro López Iglesias, coordinador do equipo da USC para a elaboración do Plan Estratéxico da PAC en Galicia, e Jorge Piñeiro Mariscal, Subdirector Xeral de Xestión da PAC do Fondo Galego de Garantia Agraria. O evento estará coordinado polos profesores da USC Emilio Díaz Varela, Ana Isabel García Arias e Ibán Vázquez González; e terá lugar o 22 de xuño no Campus Terra de Lugo a partir das 14 horas.

Programa completo do congreso