Conferencia de Edelmiro López sobre as implicacións da nova PAC no sector lácteo

10 de novembro, XIX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, Lugo

Edelmiro López Iglesias participa nas XIX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, que terán lugar os días 10 e 11 de novembro na Facultade de Veterinaria do Campus Terra (Lugo).

A súa conferencia, PAC 2023-2027: implicacións para o sector lácteo galego, está programada para o día 10, en horario de 15:30 a 16:30.

Nas xornadas participan un total de 15 especialistas no vacún de leite procedentes de diferentes disciplinas. Aquí pode consultarse o programa completo.