
Facultade de Dereito. Campus universitario sur, s/n, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 881814764
Fax: 881814615
e-mail: jose.caamano@usc.es Integrado no Departamento de Economía Aplicada, é Profesor Contratado Doutor da Área de Economía Política e Facenda Pública da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse nos campos do orzamento público; control do gasto; regras, disciplina e transparencia fiscais; condición financeira; xestión pública; economía da xustiza penal e aspectos metodolóxicos e filosóficos da economía e a xestión pública.
CV (pdf)
Ficha no Portal da Investigación da USC
Formación
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1994).
Graduado de Licenciatura na modalidade de Tesiña (1996), a cal foi realizada na Área de Economía Política e Facenda Pública da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (Departamento de Economía Aplicada).
Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (2005), cunha Tese de doutoramento realizada na devandita Área
Experiencia profesional
Autor de máis dunha vintena de publicacións científicas, comezou a súa carreira docente como Profesor Asociado de Universidade a tempo parcial no Departamento de Economía Aplicada da USC en 1997, sendo despois bolseiro predoutoral da Xunta de Galicia (1997-1998) e Profesor Asociado de Universidade a tempo completo (1998-2006) no mesmo Departamento. A partir de 2006 seguiu a desenvolver nel a súa labor xa como Profesor Axudante Doutor, pasando a ser Profesor Contratado Doutor en 2008 (até a actualidade).
En 2014 incorpórase ao grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC).