“Como sucede en calquera país ou rexión europea, para comprender o devir demográfico de Galicia no último medio século resulta imprescindible polo en relación coas transformacións socioeconómicas que esta experimentou. Como é sabido, a dinámica demográfica é ao mesmo tempo condicionante e resultado da evolución socioeconómica; pero, no seo desta complexa interacción establecida entre unha e outra, entendemos que os factores socioeconómicos xogan un papel principal”. Así comeza o capítulo ‘El devenir demográfico de Galicia a la luz de sus recientes transformaciones socioeconómicas’, de Edelmiro López Iglesias e Raul Rios, no que se realiza unha aproximación ás tendencias demográficas de Galicia desde mediados do século XX, contextualizándoas no marco das transformacións socioeconómicas que o país viviu ao longo desta etapa.
Read more‘El devenir demográfico de Galicia a la luz de sus recientes transformaciones socioeconómicas’
