
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. Xoan XXIII s/n Campus Norte 15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: +34 981 582500
e-mail: xoaquin.fernandez@usc.es Profesor Titular de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As súas liñas de investigación céntranse nos campos da Economía rexional, o Financiamento autonómico, o Federalismo fiscal e as Regras fiscais.
CV
Ficha no Portal da Investigación da USC
Formación
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1984).
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1990).
Experiencia profesional
Desde 1985 ven desenvolvendo a súa actividade docente no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, onde na actualidade (desde 1992) é Profesor Titular de Universidade. Desde 2014, é Director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), cargo que xa ocupou durante o bienio 1998-1999. Ao longo da súa carreira ten publicado máis dunha vintena de capítulos en diversas obras científicas e máis de 30 artigos en publicacións periódicas especializadas. Aliás, foi membro do Consello Editorial de Urban Public Economic Review e da Asociación de la Economía de la Educación. Forma parte do Consello Científico do IDEGA, da Asociación Europea de Ciencia Rexional e de RIFDE (Red de Investigadores en Federalismo y Descentralización). Está integrado no grupo GEN (UVigo), co que desenvolve boa parte da súa investigación. É coeditor dun blog sobre federalismo fiscal no diario Expansión. Colabora habitualmente en medios impresos. É membro do Foro Económico de Galicia.
Como xestor, destaca a súa experiencia como Vicerreitor de Asuntos Económicos da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994); como Concelleiro de Facenda e Mercados (1999-2003) e, máis adiante, de Facenda, Transportes e Reforma Administrativa (2003-2007) no Concello de Santiago de Compostela; foi membro dos consellos de administración de MERCAGALICIA (1999-2007), EMUVISSA (1999-2007) e TUSSA (2003-2007). Como deputado no Parlamento de Galicia (2005-2009 e 2009-2012), destaca a súa labor como Portavoz de Economía do grupo parlamentario socialista (2005-2009) e, máis adiante, como Portavoz do grupo parlamentario socialista (2009-2010).
É membro do grupo de investigación Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (ECOAGRASOC) desde a súa constitución en 2004.