Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS en Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 10
Total: 10
Matrícula en la actividad
19/03/2024 - 03/04/2024
Desarrollo de la actividad
10/04/2024 - 17/04/2024
Profesor/a
María Belén Trigo García
Profesor/a
Manuel Vicente Bermudez Blanco
Profesor/a
Juan Luis Blanco Valdes
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Redacción científica: aspectos estilísticos, editoriais e de dereitos de autor | Sala de Debates, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre e Facultade de Dereito, Campus Sur | 10 na Sala de Debates, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre, 11 na Aula 10 da Facultade de Dereito e 17 na Sala de Debates, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre, abril de 2024 | día 10, de 16:30 a 20:30; día 11, de 16:30 a 18:30; día 17, de 16:30 a 20:30 |
- Contribuír a reforzar ou mellorar as capacidades tendentes á aplicación de criterios sistemáticos de corrección lingüística, de coherencia conceptual, de cohesión léxica, técnica e de estilo na redacción e composición de textos académicos ou científicos (traballos fin de grao/máster, teses de doutoramento, artigos para publicacións periódicas, comunicacións a congresos, papers, monografías, etc.) fundamentalmente destinados á súa publicación.
- Contribuír a reforzar ou mellorar os coñecementos e capacidades con relación á propiedade intelectual na redacción académica: citas e recensións; uso de imaxes e material gráfico; copyright e copyleft; propiedade intelectual no acceso aberto; dereitos morais e dereitos patrimoniais; licenzas Creative Commons; titularidade da propiedade intelectual e da propiedade industrial, etc.
- Redacción de textos académicos: aspectos de propiedade intelectual.
Profesora: María Belén Trigo García, 11 de abril de 2024. - Introdución á propiedade intelectual.
- O dereito de autor.
- O autor.
- A obra como creación orixinal.
- Os dereitos morais.
- Os dereitos patrimoniais.
- Transmisión dos dereitos de explotación.
- Infracción dos dereitos de propiedade intelectual: o plaxio académico.
- Redacción de textos académicos: aspectos estilísticos.
Profesor: Manuel Bermúdez Blanco, 10 de abril de 2024. - A corrección lingüística máis aló da corrección ortográfica.
- Regras útiles para unha redacción fluída.
- Recursos ao dispor.
- Redacción de textos académicos: aspectos editoriais.
Profesor: Juan L. Blanco Valdés, 17 de abril de 2024. - Escritura científica, escritura técnica, escritura académica: a escritura planificada. Ortografía usual, ortotipografía e ortografía técnica.
- Elementos de ortotipografía e tipografía editorial.
- Ortografía técnica.
María Belén Trigo García Doutora en dereito civil pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora de dereito civil nesta Universidade. Na actualidade é profesora contratada doutora. Foi coordinadora do grupo de investigación “Marco xurídico do contexto socio-económico actual” (DerEcoSoc) USC entre 2010 e 2014. Desde 2014 é membro do grupo de investigación Grupo de análise xurídica-económica (Eco-Iuris) USC. Tamén coordina o Grupo interdisciplinar de innovación docente (Código GID-09-GrInDo) da Universidade de Santiago de Compostela desde 2010. Forma para da Rede Galega de Investigación en Análise Económica e Estratexia Empresarial desde 2014. É autora de publicacións de carácter nacional e internacional en materia de contratos, responsabilidade, dereitos reais, familia e sucesións. Tamén nestas materias foi investigadora principal e investigadora colaboradora en nacionais e internacionais. Con carácter transversal, ocupouse do dereito antidiscriminatorio con especial atención ás cuestións de xénero, idade (xerontoloxía), e orientación e identidade sexual.
Manuel Bermúdez Blanco Responsable da Área de Asesoramento Lingüístico do Servizo de Normalización Lingüística. Autor. Profesor de diferentes cursos destinados ao PDI, PAS e alumnado da USC. Autor do Breve manual de estilo universitario, de Criterios de linguaxe non sexista. Creador de modelos de documentos e de modelos para presentacións dixitais.
https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/index.html
Juan L. Blanco Valdés Licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1985 y 2008 combinou a súa actividade como editor na Universidade de Santiago coa docencia no Departamento de Lingua Española do Centro Asociado da UNED de Pontevedra. Autor de artigos e colaboracións especializadas e docente en conferencias, cursos, seminarios e obradoiros sobre edición técnica, ortotipografía e escritura científica. Autor de Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica (Xerais, 2009), con tradución ao castelán (Manual de edición técnica. Del original al libro, Pirámide, 2012). Foi co-organizador, secretario e profesor de ortotipografía e técnica editorial no Máster en Edición da Universidade de Santiago (2004-2009), e logo no Programa Oficial de Posgrao en Edición (Universidades de Santiago e Vigo, 2009-2011), de cuxa comisión académica formou parte. Director de Publicacións da USC desde 2009. Vogal da Xunta Directiva de UNE e director de Unelibros, agora reconvertida en Unelibros Blog, entre 2012 y 2022. Asiduo colaborador en medios de prensa, mantén desde hai anos a columna quincenal «Bágoas de crocodilo» no xornal de Santiago El Correo Gallego. Por un conxunto de artigos publicados nesta columna, recibiu en 2011 o XVI Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.