Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Metodoloxía: O curso ten un marcado carácter práctico e estará baseado fundamentalmente no uso de ferramentas informáticas libres (R e RStudio) que os alumnos deberán ter instaladas no seu ordenador.
Location
ONLINE
Modality
Telemática
Duration
Face-to-face hours: 12
Work hours: 3
Total: 15
Matrícula en la actividad
25/01/2022 - 02/02/2022
Desarrollo de la actividad
09/02/2022 - 18/02/2022
Profesor/a
Eduardo Jose Corbelle Rico
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Análise e visualización de datos espaciais con R | Actividade ONLINE | 9, 10, 11, 16, 17 e 18 de febreiro de 2022 | 16:00-18:00 h |
O alumno aprenderá a:
- Localizar e instalar paquetes con funcionalidades adicionais para o manexo de información espacial en R.
- Importar e exportar datos espaciais en R, en formato vectorial e ráster.
- Realizar operacións espaciais simples en R (superposición, unión de información espacial e non espacial, recorte e selección…).
- Crear mapas con calidade adecuada para o seu uso en publicacións e presentacións orais.
- Sesión 1. Introdución a R (2 h).
- R como linguaxe orientada a obxectos.
- Importación e exportación de datos.
- Reproducibilidade e replicabilidade. Boas prácticas. Sistemas de control de versións.
- Sesión 2. Instalación de paquetes adicionais (2 h).
- Localización de paquetes adicionais. As task views.
- Instalación e carga de paquetes adicionais.
- Sesión 3. Tratamento de datos vectoriais (2 h).
- O paradigma de entidades simples.
- Importación e exportación de datos vectoriais.
- Asignación e cambios de sistemas de referencia e proxección.
- Operacións básicas con datos vectoriais.
- Sesión 4. Tratamento de datos ráster (2 h).
- O paquete raster.
- Carga en memoria de datos ráster: vantaxes e inconvenientes.
- Operacións de reproxección.
- Operacións básicas con datos ráster.
- Sesión 5. Preparación de mapas con R (2 h).
- O marco básico: grammar of graphics. O paquete tmap.
- Combinación de datos vectoriais e ráster.
- Adición de elementos decorativos.
- Sesión 6. Exportación de mapas (2 h).
- Criterios de calidade para publicación.
- Exportación en formato vectorial e ráster.
- Creación de mapas por lotes.
Eduardo José Corbelle Rico é doutor enxeñeiro de montes pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é profesor contratado doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC e desenvolve a maior parte da súa labor docente na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo. As súas principais liñas de investigación son a análise e modelización de cambios históricos de uso/cuberta do solo e a análise dos mercados de terras rústicas. ORCID: 0000-0002-2382-6767.