Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS (en xeral)
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 12
Total: 12
Matrícula en la actividad
27/10/2025 - 04/11/2025
Desarrollo de la actividad
10/11/2025 - 15/11/2025
Profesor/a
Alberto Rodriguez Calvo
Profesor/a
José Luis Villaverde Acuña
Profesor/a
Diego Suárez Pousa
| Group | Place | Dates | Schedule |
|---|---|---|---|
| A creación de empresas baseadas no coñecemento como saída profesional | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre, salvo o luns 10 e o martes 11 de novembro que se impartirá na aula 9 da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, Avda. Burgo das Nacións, Campus Norte | 10, 11, 12, 13 e 14 de novembro de 2025 | de 10:00 a 12:30 (excepto venres 14, de 10:00 a 12:00) |
Competencias e habilidades: Proporcionaranse recursos e ferramentas clave para transformar os resultados de investigacións en oportunidades de negocio, fomentando a mentalidade emprendedora e dotanto de habilidades prácticas para desenvolver un proxecto innovador.
Contidos:
- Introdución ás empresas baseadas no coñecemento (EBCs). Emprendemento na USC.
- Do resultado de investigación á oportunidade de negocio
- Creando equipos emprendedores. Financiamento das EBC
- Análise do proxecto emprendedor.
- Presentación de proxectos.
Traballo presencial
José Luis Villaverde
Actualmente é director da área de Valorización Transferencia e Emprendemento (OTC) da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Representa á USC nos órganos de decisión de máis de 15 das súas Spin-off.
É vocal da Comité Executivo de RedTransfer, asociación española de profesionais de transferencia, e conta coa acreditación RTTP (Registered Technology Transfer Professional) promovido por ATTP. A súa traxectoria como xestor de transferencia de coñecemento comeza en 1989 na USC, asumindo desde 2006 responsabilidades de dirección.
É Enxeñeiro Agrónomo e especialista en Xestión e Administración de Empresas (MBA) pola Universidade Politécnica de Madrid, e #Máster en Análise e Xestión da Innovación na USC.
Alberto Rodríguez Calvo
É licenciado en Química, Enxeñeiro Informático e Posgrao en Análise e
Xestión da Innovación Tecnolóxica. É Técnico Superior de Xestión na área
de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC desde 1989, con especialización
no apoio ao emprendemento e a creación de Empresas
Baseadas no Coñecemento (EBC) xerado dos resultados de investigación da
USC.
Diego Suárez Pousa
É doutor en Economía e Empresa, traballando desde o 2005 na área de Valorización, Transferencia e Emprendemento, apoiando os proxectos emprendedores e empresas baseadas no coñecemento (EBC) xurdidas da USC. É membro do grupo de traballo de Rede OTC de spin-off e do Special Interest Group de spin-off da Association of Technology Transfer Professionals, impartindo formación e realizando diversas publicacións tanto para técnicos como para emprendedores. Está acreditado como RTTP.