Alumnado obxectivo: estudantes da EDIUS. Prazo de matrícula ata o 3 de maio.
Location
Santiago
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 18
Work hours: 6
Total: 24
Matrícula en la actividad
21/04/2022 - 04/05/2022
Desarrollo de la actividad
05/05/2022 - 12/05/2022
Profesor/a
Martin Pereira Fariña
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Látex | Facultade de Filosofía | 5, 6, 9, 10, 11, e 12 de maio de 2022 | de 15:30 a 18:30 |
- Comprender que é unha linguaxe de marcas e como funciona un editor de texto diferente aos editores tipo “O que ves é o que obtes” (p.e., Microsoft Word).
- Adquirir as nocións fundamentais de Latex para compoñer textos masivos.
- Coñecer as diferentes formas de insertar elementos máis aló do texto (figuras, táboas, ecuacións, diagramas, etc.)
- Coñecer cómo xestionar a bibliografía automáticamente e como conectala cos xestores de bibliografía.
- Coñecer as nocións fundamentais para xerar presentacións con diapositivas.
Este curso componse de 8 temas
- Introdución: Latex, de escribir textos a programalos.
- Formato básico do texto. Aliñados, seleción de fonte, sangrías, etc.
- Creación de táboas e inserción de figuras. Pés de táboa e de figura. Referencias cruzadas.
- Entornos matemáticos e lóxicos.
- Engade bibliografía ao teu documento. Xestores de referencias e estilos.
- Compila o teu documento completo. De cartas a libros.
- ¿Cómo xestiono os erros e os avisos?
- Beamer. O uso de latex para as presentacións.
Martín Pereira Fariña (Moraña, 1984) é Profesor Axudante Doutor na área de Lóxica e Filosofía da Ciencia no Departamento de Filosofía e Antropoloxía (USC) dende setembro de 2019. Obtivo o seu doutoramento en febreiro do 2018, ca tese titulada Approximate Syllogistic Reasoning: A Contribution to Inference Patterns and Use Cases. Foi investigador posdoutoral no Centre for Argument Technology (ARG-tech) da Univesidade de Dundee (Escocia, Reino Unido), financiado cun contrato da Xunta de Galicia, e no Institituo de Ciencias do Patrimonio do CSIC (Incipit-CSIC), financiado polo programa Juan de la Cierva-Incorporación.