O envellecemento da poboación e un fenómeno solidamente constatado, e que alcanza en rexións europeas como Galicia un carácter progresivo e consolidado. A distribución demográfica por idade supón novas realidades para a empregabilidade e o emprendemento, e tamén novas necesidades de coñecemento nos diferentes eidos científicos e académicos. Arredor do envellecemento da poboación xorden estratexias específicas de innovación e transferencia (p.ex. co-deseño, interxeracionalidade, silver economy) que buscan ir máis alo dos estereotipos negativos sobre envellecemento patolóxico, dependencia e demencia asociados á idade avanzada. Senior Innovation Lab é unha experiencia educativa no ámbito das persoas maiores, que combina traballo presencial e en liña, buscando favorecer a adquisición de coñecementos e ferramentas de innovación por parte do alumnado da USC para desenvolver novas solucións aos distintos retos e oportunidades dunha sociedade envellecida. Para o desenvolvemento de solucións innovadoras utilizamos unha aprendizaxe baseada en retos, traballando directamente con entidades do sector, e empregando metodoloxías de innovación áxil como design thinking e lean start-up. En esta edición, Senior Innovation Lab adoptará o formato de hackaton, nunha única sesión de traballo presencial, o que busca maximizar a implicación do alumnado e a axilidade no proceso de xeración e consolidación de ideas innovadoras. Senior Innovation Lab forma parte do Deep INVETHEI, do que a USC é parte convidada pola Universidade de Porto, dentro da terceira cohorte de proxectos da EIT HEI Initiative (https://eit-hei.eu/projects/deep-inventhei/).
Location
Lugo
Modality
Presencial
Duration
Face-to-face hours: 25
Total: 25
Matrícula en la actividad
03/11/2023 - 10/11/2023
Desarrollo de la actividad
23/11/2023 - 23/11/2023
Profesor/a
Roberto Iglesias Rodriguez
Profesor/a
David Facal Mayo
Profesor/a
Fernando Rafael Pardo Seco
Profesor/a
Sonia Maria Valladares Rodriguez
Profesor/a
Carlos Dosil Diaz
Profesor/a externo/a
Pablo Osorio Diéguez
Group | Place | Dates | Schedule |
---|---|---|---|
Senior Innovation Lab (Lugo) | Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Rúa Benigno Ledo 2, Lugo | 23 de novembro de 2023 | de 10:00 a 20:00h |
A formación plantéxase arredor dun hackaton, que terá a seguinte estrutura:
9:30 Inicio da sesión de mañá. Presentación da xornada
9:45 Dinámica de activación
10: 15 Escoller as ideas / retos sobre os que traballaremos
11:00 Buyer Persona
12:00 Primeira versión da Proposta de Valor
12:30 DAFO da proposta
13:00 Mellora da Proposta de Valor
13:45 Dinámica de peche
14:00 Peche da sesión da mañá
16:30 Inicio da sesión de tarde. Testimonios de entidades e empresas innovadoras.
17:00 Business Model Canvas
17:45 Plan de Acción
18:30 Prepararación de Elevator Pitch
19:20 Presentación de Elevator Pitch
19:50 Deliberación e entrega de diplomas.
20:00 Peche da xornada
Realizaranse ademais dúas sesións de traballo online, unha previa ó hackaton, para traballar as expectativas e motivación arredor do Senior Innovation Lab, a unha posterior ó hackaton, en grupo pequeno, sobre as posibilidades de comunicación e traballos futuros arredor da idea innovadora.
Pablo Osorio Diéguez
Licenciado en CC. Políticas e Administración pola USC e International MBA polo Instituto de Empresa de Madrid. Docente dos certificados de profesionalidade de marketing e comunicación, xestión comercial de ventas e creación de empresas. Mentor en emprendemento para diversos organismos e institucións: ICEMAR e SUCEDE da UVigo, Vigoemprende, Vigo Xoven Emprende, Fundación Ronsel, Fundación Roberto Rivas, Emprende Tics o Consellería de Medio Rural, entre outras.
Sonia María Valladares-Rodríguez , ORCID: 0000-0003-1195-9949
Doutora pola Universidade de Vigo coa tese “Detección precoz del deterioro cognitivo mediante técnicas de gamificación, aprendizaje máquina y herramientas tic”. Profesora axudante doutora na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Investigadora responsable no proxecto DeepINVENTHEI (https://eit-hei.eu/projects/deep-inventhei/).
David Facal Mayo, ORCID: 0000-0001-6230-0090
Doutor en Psicoloxía, é profesor titular da Facultade de Psicoloxía e Coordinador do Máster en Psicoxerontoloxía de la USC. Investigador no proxecto DeepINVENTHEI. Director do Senior Innovation Lab (SIL) da USC.
Carlos Dosil-Díaz, ORCID: https: 0000-0002-8319-0545
Doutor en Psicoloxía, é profesor axudante da Facultade de Formación de Profesorado e Coordinador do Mestrado de Formación de Profesorado no Campus de Lugo. Exerceu como psicólogo e posteriormente coma xerente do Centro Xerontolóxico A Veiga en Láncara, Lugo, e na actualidade é presidente da Asociación Galega do Sector da Dependencia (AGASEDE). Investigador no proxecto DeepINVENTHEI e membro do Senior Innovation Lab (SIL) da USC.
Roberto Iglesias Rodriguez, ORCID: 0000-0002-6279-5190
Doutor en física, é profesor titular de la Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase no control e navegación en robots móbiles, aprendizaxe continua e adaptación en robots, e métodos científicos en robótica móbil: modelización e caracterización de comportamentos en robots. Investigador do proxecto DeepINVENTHEI. É o coordinador do grado de Robótica no Campus de Lugo.
Fernando Pardo Seco, ORCID: 0000-0003-1302-7467
Doutor pola Universidade de Santiago coa tese “Software-hardware FPGA-Based System for the solution of the 3D heat equation applications on the non-destructive evaluation of minefields”. Profesor contratado doutor na Escola Politécnica Superior de Enxenería da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Investigador do proxecto DeepINVENTHEI. Conta cunha patente: “Procesador de imágenes para extracción de características”.