Senén Barro presenta no Consello Social da USC o seu libro +Universidad –Especulación
O profesor e ex reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, presenta este venres 1 de marzo o seu libro +Universidad –Especulación. O acto terá lugar ás 12.00 horas na sede do Consello Social da USC (Rúa da Conga, 1) e xunto a el participarán o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira; e o director da editorial Netbiblo, Carlos Iglesias Agra. A publicación suxire ideas para mellorar a Universidade, “a mellor da nosa historia”, principio “imprescindible” para una nova economía baseada no coñecemento e o desenvolvemento tecnolóxico, “unha sociedade mellor e máis emprendedora e un tecido produtivo máis innovador”, explica Barro. Para iso, continúa, débese primar “o emprendemento responsable e non a especulación para non seguir cometendo erros que inflan burbullas e desinflan a economía, o emprego e a vida”.