Skip to main content

Dez estudantes da USC consumirán produto fresco da Praza de Abastos

Os dez estudantes beneficiarios recibiron os correspondentes bonos este martes na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Foto: Alfonso-Servimav
Os dez estudantes beneficiarios recibiron os correspondentes bonos este martes na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Foto: Alfonso-Servimav
Entregáronse as bolsas de alimentación para alumnado universitario

A Universidade de Santiago de Compostela e a Praza de Abastos de Santiago colaboran dende hai anos na concesión de bolsas de alimentación para o alumnado universitario coa pretensión de inicialo nos bos hábitos alimentarios e de consumo. As axudas destínanse á compra de produtos frescos nos establecementos do mercado compostelá cunha contía de 30 euros semanais do 21 e xaneiro ao 30 de xuño deste ano.

Os dez estudantes beneficiarios recibiron os correspondentes bonos este martes na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega nun acto no que participaron o vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Duran; o presidente de Mercado de Abastos, José Fernández; e a concelleira de Mercados, Reyes Leis.

The contents of this page were updated on 01.22.2013.