O Servizo de Deportes publica o programa de competicións universitarias da actual tempada
O Servizo de Deportes da USC ten publicado no seu web o programa de competicións universitarias da actual tempada co calendario de inscricións e celebracións, que se irá actualizando. Así, na súa páxina informan dos campionatos galegos de deportes colectivos (fútbol 11 masculino, fútbol 7 feminino, fútbol sala masculino e feminino, baloncesto masculino e feminino, balonmán masculino e feminino, e voleibol masculino e feminino), xadrez, natación, baloncesto 3*3 e pádel; así como dos torneos da USC de xadrez, liga de tenis, judo, bádminton, tenis de mesa, baloncesto 3*3, taekwondo e karate, entre outras actividades.