Comezou o curso de fotografía de natureza

A pasada fin de semana deu comezo o curso de fotografía de natureza que organiza a Fundación USC Deportiva e imparte o fotógrafo Andrés Fraga. A sesión do venres tivo un carácter eminentemente teórico e nela repasáronse as técnicas e métodos dos diferentes tipos de fotografía de natureza, ademais de falar das características e requirimentos do equipo fotográfico. Xa o domingo realizouse unha sesión de traballo de campo, polo Sarela e o Monte Pedroso, para poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Este venres 1 de marzo terá lugar a terceira e última xornada do curso, na que se visualizarán e comentarán as imaxes obtidas durante a sesión de campo.