Skip to main content

Arturo Reverter, nas Conversas Líricas no Paraninfo

Arturo Reverter
Arturo Reverter

As Conversas Líricas no Paraninfo continúan este mércores 27 coa participación do crítico musical Arturo Reverter, un dos máis cualificados expertos de España en materia de arte vogal. Reverter falará ás 20.00 horas no Paraninfo sobre a figura de Miguel Fleta, o gran tenor aragonés falecido hai 75 anos na Coruña. Arturo Reverter (1941, Santiago) licenciouse en Dereito e logo de exercer durante anos como profesional no campo das patentes e marcas comezou a dedicarse con carácter exclusivo á análise e divulgación musical en numerosos medios, tanto escritos – ABC, La Razón, El Cultural de El Mundo, Ritmo, Scherzo (da que é socio fundador), Ópera Actual, Canarias 7– como audiovisuais -TVE, Tele 5, Radio Clásica e Radio 2 de RNE (emisora da que foi director en dúas etapas). Entre as súas publicacións destacan catro volumes das Guías Península-Scherzo dedicadas a Mozart, Beethoven, Schubert (Lieder) e Brahms, así como dous títulos en Alianza Editorial, El arte del canto e Alfredo Kraus. As Conversas Líricas no Paraninfo están organizadas pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua.

The contents of this page were updated on 02.26.2013.