Presentación do libro La Iglesia de Santiago y el pontificado en la Edad Media (1140-1417)
Da autoría de Xosé M. Sánchez Sánchez, o volume está coeditado pola USC e o Consorcio de Santiago
O historiador Xosé Manoel Sánchez Sánchez presenta este mércores 6 o seu libro La Iglesia de Santiago y el pontificado en la Edad Media (1140-1417), coeditado pola USC e o Consorcio de Santiago. A presentación, na que intervirán ademais o reitor Juan Casares e o alcalde Ángel Currás, terá lugar ás 12.00 horas no Salón Reitoral do Colexio San Xerome. O autor, doutor en Historia Medieval pola USC e técnico medievalista do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, analiza a relación entre a Igrexa compostelá e o pontificado entre os séculos XII e XV desde variados puntos de vista, dende o económico ao social e do poder político e feudal ao ámbito pastoral ou xacobeo.