Skip to main content

A exposición ‘Imaginary’ chega a Santiago logo de percorrer medio mundo

Unha mostra visual e interactiva coa imaxe como encontro entre a realidade imaxinada e a visualización concreta dos obxectos matemáticos abstractos

A Igrexa da Universidade albergará dende este venres 15 e ata o 16 de maio a exposición ‘ RSME-Imaginary-Santiago’, unha mostra visual e interactiva na que se poden atopar imaxes, pantallas táctiles, esculturas e obxectos de natureza matemática. A mostra ten un dobre carácter, cultural e divulgativo, co que se aprecia que Matemáticas e Realidade e Matemáticas e Arte están en estreita conexión. Para dar a coñecer os detalles da mostra, que se inaugurará ás 19.30 horas coa presenza do reitor da USC, está prevista unha rolda de prensa na propia Igrexa ás 12.00 horas na que participarán o presidente da Real Sociedade Matemática Española, Antonio Campillo; a decana da Facultade compostelá, Victoria Otero; e o coordinador xeral da exposición, Sebastià Xambó. A mostra leva parella diversas actividades paralelas, entre elas a exposición fotográfica ‘O sabor das Matemáticas’ con doce pratos creados polo Café de París de Málaga, distinguido cunha estrela Michelín. Para falar desta interesante iniciativa estará na Igrexa a profesora da Universidade de Málaga Mercedes Siles.

The contents of this page were updated on 03.14.2013.