Skip to main content

Continúa o 34 Congreso de ICAME coa análise da lingua inglesa desde prismas moi diferentes

O 34 Congreso da Asociación Internacional ICAME (International Computer Archive of Modern and Medieval English) continúa coas súas sesións sobre a lingüística inglesa e de corpus tras o éxito dos primeiros obradoiros –os participantes coincidiron na súa grande utilidade de cara a buscar novos xeitos de estudar inglés e os seus diferentes usos-. O programa deste xoves deu comezo na Facultade de Filoloxía cunha conferencia plenaria sobre o uso das metáforas a cargo de Holger Diessel, da Universidade de Jena. A continuación, o congreso trasladouse ao Hotel NH Obradoiro para abordar a lingua inglesa desde prismas moi diferentes, dende aspectos morfolóxicos ata sintácticos ou estilísticos, pasando polo aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira. Tan variado como os temas foron as orixes dos distintos expertos que ofreceron os seus relatorios. Neste caso estiveron representadas, ademais da propia USC, as universidades de Beijing (China), Londres, Novo México, Leuven (Bélxica), Noruega, Nimega (Países Baixos), Hannover (Alemaña), Vancouver (Canadá), Viena, Praga, ou Helsinki (Finlandia).

The contents of this page were updated on 05.23.2013.