Skip to main content

O reitor clausura no edificio Emprendia o Curso de Innovación 360º

O reitor Juan Casares clausura este martes 7 no edificio Emprendia da USC o ‘Curso de Innovación 360º’ da Akademia Bankinter, acción formativa de carácter intensivo que procura desenvolver as habilidades en innovación do estudantado, sensibilizalo acerca da innovación como unha actitude necesaria para lograr vantaxes competitivas sustentables nas organización e orientar e espertar inquedanza por emprender. Esta acción baséase nun método de ensinanza innovador que conta con material integramente dixital e un contido de primeiro nivel xerado por expertos internacionais. A clausura do curso, que conta coa colaboración da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, comeza ás 15.00 horas logo da presentación dos proxectos polos estudantes participantes. Os encargados de despedir a promoción deste ano e entregarlle os diplomas acreditativos serán o reitor da universidade compostelá, Juan Casares Long, e o subdirector xeral da Fundación da Innovación Bankinter, Sergio Martínez-Cava. No curso trátanse cada ano temas de actualidade nunha dinámica de debate que busca estimular unha actitude proactiva en innovación e espertar o espírito emprendedor, proporcionando unha visión global da innovación e o acceso a novas tecnoloxías como un medio natural e próximo, ao tempo que fomentar a xestación e adaptación ao cambio. O curso estaba dirixido a estudantes de último ano de carreira, de máster e doutoramento, aos que se lles ofreceu una formación complementaria altamente valorada por empresas e institucións. Con carácter gratuíto, ofertouse a 30 estudantes da USC estando implantado nas mellores universidades de España.

Ademais de docentes seleccionados pola Akademia Bankinter participa profesorado da institución académica compostelá, que nalgún caso ten incorporado a metodoloxía de traballo do curso ás súas respectivas materias polo seu interese e capacidade.

The contents of this page were updated on 05.06.2013.