O Centro de Linguas Modernas da USC oferta cursos intensivos de verán en dezaoito idiomas
Alemán, árabe, catalán, checo, chinés, danés, eslovaco, euskera, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xaponés son os idiomas que o Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC ofrece este verán nos seus cursos intensivos. A oferta presentarana en rolda de prensa este martes 14, ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, e a directora do CLM, Katerina Vlasakova.