Skip to main content

Remata a inscrición nas probas de nivel dos cursos de verán de francés e inglés

O prazo de inscrición nas probas de nivel para os cursos intensivos de verán de inglés e francés que organiza o Centro de Linguas Modernas e que se desenvolverán o luns 17 péchanse este venres, exactamente ás 23.59 horas. Ademais desas dúas linguas, en Santiago ofértanse alemán, árabe, catalán, checo, chinés, danés, eslovaco, grego moderno, húngaro, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, vasco, ruso e xaponés. En Lugo ofrécese alemán, francés, inglés, italiano, portugués e lingua de signos. A matrícula para todos eles permanecerá aberta ata o 25 de xuño. Os cursos están pensados principalmente para o alumnado da USC que vaia estudar a unha universidade estranxeira cun programa de mobilidade durante o curso 2013-2014 pero tamén están abertos a outras persoas con interese nesas linguas así como a estudantes de ensino secundario que cumpran ao longo de 2013 os dezaseis anos Na aprendizaxe das clases, que se desenvolverán en horario de mañá ou de tarde entre os días 8 e 19 de xullo en Santiago e Lugo, darase maior importancia á práctica das destrezas orais que ás outras. Preténdese achegar ferramentas idiomáticas e comunicativas que permitan desenvolverse con certa soltura no país estranxeiro.

The contents of this page were updated on 06.14.2013.