Skip to main content

A USC colabora co CHOU na promoción de investigación, formación e docencia no ámbito da cirurxía experimental

A Facultade de Medicina e o Laboratorio de Microcirurxía Experimental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense promoverán conxuntamente a investigación, formación e docencia no ámbito da biomedicina, e en particular na cirurxía experimental. Para concretar esta colaboración o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e a presidenta da Fundación Cabaleiro Goás, Eloina Núñez Masid, asinaron un convenio de colaboración no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. O laboratorio ourensán desenvolve a súas actividades no ámbito da experimentación e da docencia no área cirúrxica, especificamente en microcirurxía, empregando modelos animais. Por esta razón, colaborarán para mellorar destrezas no eido cirúrxico e microcirúrxico de aplicación directa ou indirecta na práctica clínica ademais de desenvolver técnicas básicas, cirúrxicas e microcirúrxicas, como formación previa para o desenvolvemento de proxectos experimentais. Unha das accións concretas acordadas é a participación no curso básico de microcirurxía experimental que se desenvolve no hospital ourensán baixo a responsabilidade do Laboratorio, que ofertará por ano un mínimo de 5 prazas ao persoal docente, investigador e estudantes da Facultade de Medicina da USC.

The contents of this page were updated on 06.07.2013.