Skip to main content

Sete ouros para o equipo de natación da USC no campionato galego

Sete ouros para o equipo de natación da USC no campionato galego
Sete ouros para o equipo de natación da USC no campionato galego
Acadou ademais 12 pratas e 3 bronces na categoría máster

O equipo de natación da USC obtivo 7 ouros, 12 pratas e 3 bronces no campionato galego, na categoría máster, celebrado esta fin de semana en Pontevedra. Os ouros foron para Andrea Casal nos 50 costas; Rita Cabanelas nos 50 bolboreta; Luisa Castillo nos 100 estilos; Zeltia Blanco nos 50 braza; Paloma Herbello nos 100 libre; José Luis Fernández nos 200 estilos e David López nos 100 costas. As doce pratas correspondéronlle a María González nos 400 libres; David López nos 100 libre; Luisa Castillo nos 50 bolboreta; Zeltia Blanco nos 200 braza; Lara Teijeiro nos 400 libres; Ernesto Smyth con dúas, nos 50 costas e 50 libre; Pablo Cabanelas nos 400 estilos e nos 100 libre; Jorge Mira nos 50 libre e nos 100 libre; e finalmente en relevos 4x50 libre femenino. Lara Teijeiro conseguiu o bronce nos 50 bolboreta, ao igual que Paloma Herbello nos 50 braza e Danel Rey nos 200 braza.

The contents of this page were updated on 06.07.2013.