Preséntase en Farmacia un estudo sobre os hábitos alimentarios dos universitarios
A Fundación Española da Nutrición (FEN) presenta este venres 13 na Facultade de Farmacia un estudo sobre os hábitos nutricionais do estudantado universitario en España no que participou a Universidade de Santiago e que advirte que un elevado número de estudantes non cubre as recomendacións de algúns alimentos da dieta mediterránea. Os resultados da investigación daranse a coñecer ás 11.00 horas na Aula Magna de Farmacia nunha rolda de prensa na que intervirán a decana da Facultade, Mª Isabel Sández Macho, e a directora de Proxectos da FEN, Emma Ruiz. Posteriormente, ás 12.00 horas no mesmo lugar, terá lugar unha sesión pública dirixida a toda a comunidade universitaria.
O estudo expón o patrón de consumo de bebidas fermentadas como o viño, a cervexa ou a sidra, “ que se consumen de forma moderada e acompañadas de alimentos”. Ademais, segundo o estudo, os consumidores de cervexa presentan unha adhesión maior á dieta mediterránea e ningunha diferenza do Índice de Masa Corporal.