Skip to main content

Comezou o Verán CampUSC

Comezou o Verán CampUSC
Comezou o Verán CampUSC

Medio cento de rapaces e rapazas comezaron esta semana en Santiago as actividades do Verán CampUSC, que entre outras accións contempla unha xornada nas piscinas do Multiusos Fontes do Sar e unha visita ás instalacións da Cidade da Cultura. Se aínda quedan persoas interesadas en participar neste programa urbano de verán poden solicitar praza na Fundación USC Deportiva para as quendas da segunda quincena de xullo e de setembro, esta última ata o día 11, xusto un día antes do comezo do curso escolar.

The contents of this page were updated on 06.26.2012.