Concerto de música de cámara da Escola de Altos Estudos Musicais no Paraninfo
Unha formación de cámara da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia ofrecerá este mércores 15 ás 20.30 horas un recital no Paraninfo da Universidade, con pezas de Haydn, Smetana e Nielsen. A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia é un centro de educación musical xestionado polo Consorcio de Santiago para a formación e perfeccionamento de futuros profesionais galegos da música clásica, así como a organización de diferentes actividades de divulgación musical. Dende 2011 imparte o Curso Avanzado de Práctica Orquestral, recoñecido oficialmente como estudo de posgrao, con título propio expedido pola Universidade de Santiago.