Skip to main content

A USC e a Cámara de Comercio de Santiago asinarán un convenio de colaboración para a realización de prácticas do alumnado de Ciencias Económicas e Empresariais

O reitor da USC, Juan Casares, e o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, asinarán este martes 10 un convenio para a organización de prácticas en empresas do alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O acto protocolario de sinatura celebrarase a partir das 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O acordo pretende regular a programación, desenvolvemento e verificación de períodos de prácticas tuteladas do alumnado que cursa estudos nos graos de Administración e Dirección de Empresas e no de Economía. O estudantado que acceda a estas convocatorias desenvolverán tarefas acordes ao seu nivel de formación de xeito que lle permite adquirir unha experiencia enriquecedora en relación ao seu futuro profesional.

The contents of this page were updated on 07.09.2012.