Skip to main content

A USC di non á violencia de xénero

A USC di non á violencia de xénero
A USC di non á violencia de xénero
Súmase á campaña ‘O Semáforo da Violencia de Xénero’ xunto con outras Universidades públicas españolas

A USC, xunto con outras universidades públicas españolas, súmase á campaña O Semáforo da Violencia de Xénero promovida polo Centro de Estudos sobre a Muller da Universidade de Alacante co obxecto de sensibilizar á comunidade universitaria no Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A campaña, dirixida fundamentalmente ao alumnado, consiste nun sinxelo test que ao cubrilo advirte aos rapaces e as rapazas sobre posibles situacións de alerta e risco nas relacións de parella coa finalidade de frear, detectar e previr. Durante toda esta semana a Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, a través da súa Oficina de Igualdade de Xénero, repartirá nos servizos de fotocopiadoras uns cartafoles co test.

The contents of this page were updated on 11.19.2012.