Skip to main content

Xornada inaugural do II Máster Universitario en Tecnoloxías da Información

O catedrático Juan Luis Castro impartirá unha conferencia sobre a transformación do coñecemento científico en coñecemento aplicado

O catedrático da Universidade de Granada e CEO de Virtual Solutions, Juan Luis Castro Peña, pronunciará este luns 24 a conferencia inaugural da segunda edición do Máster Universitario en Tecnoloxías da Información. Organizada polo CITIUS, celebrarase a partir das 18.30 horas no Salón de Actos do centro. “A transformación do coñecemento científico en coñecemento aplicado. O caso de Virtual Solutions” é o título da conferencia que abordará as fórmulas que poden empregar os investigadores para que os seus proxectos callen no tecido social e produtivo. Neste senso, Juan Luis Castro Peña analizará a situación actual no eido da investigación, que malia recoller unha destacada produción científica e obter patentes non consegue trasladar os seus avances á vida cotiá.

The contents of this page were updated on 09.21.2012.