Acto de apertura do máster de Formación do Profesorado de Educación Secundaria
O reitor Juan Casares presidirá este mércores 26 o acto de apertura do máster universitario de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacherelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. A sesión celebrarase a partir das 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) coa intervención ademais do decano do centro, Lois Ferradás, e do coordinador do máster, Bieito Silva. En Santiago, o alumnado repartirase entre as especialidades de Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática; Ciencias Sociais e Humanidades; Formación Profesional do Sector Servizos; Linguas e Literaturas; Artes Plásticas e Música; e Orientación Educativa. No Campus de Lugo, a oferta deste máster inclúe as especialidades de Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática; Formación Profesional do Sector primario e Secundario; e Linguas e Literaturas: Linguas estranxeiras.