Skip to main content

Un libro da USC en acceso aberto analiza as áreas metropolitanas de Galicia

Portada de 'El sistema metropolitano de Galicia. De las Áreas Metropolitanas a las Regiones Urbanas'
Portada de 'El sistema metropolitano de Galicia. De las Áreas Metropolitanas a las Regiones Urbanas'

O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago incrementa cun novo título a súa oferta de libros en acceso aberto. Trátase de El sistema metropolitano de Galicia. De las Áreas Metropolitanas a las Regiones Urbanas , unha densa e exhaustiva monografía, que consagra máis de 700 páxinas á realidade das áreas metropolitanas de Galicia desde unha perspectiva internacional comparada. A obra —de autoría dos profesores do Departamento de Xeografía Andrés Precedo Ledo e Alberto Míguez Iglesias e resultado dun estudo promovido e financiado conxuntamente pola Xunta de Galicia e a USC— quere contribuír, nun sentido amplo, a establecer o alcance que para a realidade actual de Galicia poden ter as propostas derivadas da teoría e tamén para ofrecer ideas sobre as que o lector poida construír o seu propio discurso en todo o relativo á metropolización e, particularmente, ao potencial de innovación, á competitividade exterior e aos modelos de gobernanza participativa aplicables aos espazos urbanos de Galicia. Con este novo título son xa 16 as monografías editadas polo Servizo de Publicacións da USC como libros dixitais nativos en acceso aberto. As disposicións legais nesta materia atinxen tamén ás teses de doutoramento (783 aloxadas a día de hoxe) e os artigos do fondo das revistas científicas da USC (4.123 documentos).

The contents of this page were updated on 10.30.2012.