Skip to main content

O reitor asiste á Asemblea Xeral do Grupo Compostela na Universidade finlandesa de Oulu

No marco desta asemblea, terá lugar tamén a entrega do XVI Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia ao Colexio de Europa

O reitor Juan Casares participa estes días na Universidade de Oulu (Finlandia) na Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades, que comezou este xoves 20 coa propostas de incorporación de novas institucións universitarias e unha serie de presentacións relativas á planificación anual de actividades do Grupo. Ademais, o reitor asistirá o venres á entrega do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia Xa o venres, os asistentes a esta xuntanza participarán no desenvolvemento dunhas xornadas centradas na planificación da axenda para a modernización da educación superior na que se prestará especial atención ao contexto que define a estratexia Europa 2020, o desenvolvemento da innovación, políticas de calidade a través de programas de mobilidade e posibilidades de internacionalización. Entrega do Premio Grupo Compostela A Universidade de Oulu será tamén o escenario no que se entregará ao Colexio de Europa a décimo cuarta edición do Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Recollerá o galardón o reitor do Colexio de Europa, Paul Demaret. O Colexio de Europa acolle anualmente máis de 400 estudantes de todo o continente nas súas sedes de Bruxas (Bélxica) e Natolin (Polonia). Pioneiro na especialización en estudos europeos fundárono en 1949 influentes figuras europeas como Salvador de Madariaga, Winston Churchill, Paul-Henri Spaak e Alcide de Gasperi durante o Congreso da Haya de 1948. A institución conta cunha división dedicada a investigación e desenvolvemento que colabora coa Comisión Europea, a Cruz Vermella, a Universidade de Nacións Unidas, as cátedras de investigación Jan Tinbergen de Economía e Robert Bosch de Civilización Europea ou o Centro para o Estudo do Dereito da Competencia, entre outros. Entre as persoas egresadas do Colexio –que tradicionalmente se especializan en dereito comunitario, economía internacional e política e administración- figuran o primeiro ministro de Dinamarca, Helle Thorning-Schmidt, ou o británico Nick Clegg.

The contents of this page were updated on 09.20.2012.