A USC e o Ateneo buscan colaboración para retratar a Compostela anterior a 1965
O Ateneo de Santiago solicita a colaboración dos seus socios e sociais e da cidadanía en xeral para documentar a exposición fotográfica ‘Compostela única. Un retrato en imaxes anteriores a 1965’ que se exporá na cidade nuns meses. Nacida dunha proposta do Taller de Fotografía do Ateneo, a idea é que os e as habitantes e Santiago busquen nos seus albumes familiares fotografías anteriores a 1965, primeiro Ano Santo "moderno" antes do Xacobeo. Na medida do posible, na información de cada imaxe, que será escaneada, quedarán recollidos o autor e a data de realización. A exposición contará tamén coa achega de fotógrafos profesionais que realizaban o seu traballo nas rúas de Santiago retratando persoas ou eventos relevantes da cidade, fotos que conservan nos seus fondos. Lugares, oficios, recordos, retratos... todo ten cabida nunha exposición colectiva que pretende enriquecer a memoria compostelá, recuperando aspectos da cidade que xa non existen ou que mudaron nos últimos 50 anos.