Homenaxe en Medicina a José Filgueira Oviedo
O decano e o presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC reciben a Silvio José Peluffo, neto do homenaxeado quen desenvolveu un intenso labor clínico na Arxentina de comezos do pasado...
O decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, xunto co presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC), Ángel Álvarez Prechous, recibirán este mercores 24 ás 11.45 horas na Sala de Profesores da Facultade compostelá a Silvio José Peluffo Filgueira, neto do que fora alumno da Universidade compostelá José Filgueira Oviedo e que desenvolvería toda a súa carreira profesional na provincia de Tucumán (Arxentina). O encontro, no que tamén participará a vicepresidenta da Asociación universitaria e directora da revisa Fonseca, Blanca Ana Roig, servirá para render homenaxe a José Filgueira Oviedo, quen se instalou en Arxentina a principios do pasado século e onde desenvolveu un intenso labor no campo da Medicina.