A estudante da USC Susana Rodríguez, campioa do mundo de paratriatlón Tri-6

Susana Rodríguez Gacio, estudante de Medicina da Universidade de Santiago, acaba de proclamarse campioa do mundo de paratriatlón Tri-6 (deportistas con impedimentos visuais) nos Mundiais de Auckland (Nova Zelanda). A atleta galega natural de Vigo, a única paratriatleta española participante, proclamárase xa en 2011 campioa do Mundo de Paraduatlón na mesma categoría TRI-6, razón pola que a Secretaría Xeral para o Deporte a nomeou como mellor deportista feminina discapacitada dese ano. Na categoría TRI-6, que combina ciclismo, natación e carreira a pé, toman partida persoas con impedimentos visuais, sendo obrigatorio que quen guíe sexa do mesmo sexo, nesta ocasión a triatleta do CN Mataró, Mayalen Noriega.